Inicio Asteleiros Servizos Novas Localización Contacto
 
 

  

AVISO LEGAL

 

Esta páxina está adaptada á Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), contén os termos e condicións baixo as cales Abeijón Hermanos S.L. (B-15.327.844) ofrece a información, productos e servizos contidos no seu sitio da Internet astillerosabeijonhermanos.com ós usuarios do mesmo.

Ó acceder a este sitio, o usuario está aceptando os seguintes termos e condicións. Se vostede como usuario non aceptase ou non estivese dacordo con todos eles, deberá abandoar estas páxinas.

1. Ámbito de Aplicación. Lexislación e Xurisdicción Aplicable.

Os contidos informativos, productos e servizos incluidos no presente sitio están dirixidos a usuarios e consumidores con residencia en España e ríxese pola lexislación española. No caso de controversia en canto á súa interpretación, execución ou cumprimento, as partes, con expresa renuncia ó seu propio fuero, se o tivesen, sométense expresamente á exclusiva xurisdicción dos xulgados e tribunais da vila de Noia.

2. Protección de Datos Personais.

Dacordo ó establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informamos que os datos de carácter persoal que solicitemos ós nosos usuarios a través de diversos formularios poderán ser incluidos en ficheiros informáticos, de titularidade de Abeijón Hermanos S.L. (B-15.327.844), coa finalidade de manter e xestiona-los servizos, no seu caso, contratados polo usuario, así como para informalo das actividades, productos e servizos ofrecidos por ou a través do sitio e da propia empresa.

Os usuarios poderán exercita-los seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude escrita, datada e asinada, con indicación do seu nome, apelidos, domicilio e fotocopia do DNI, que terá que dirixir a Abeijón Hermanos S.L., Lg. Ribeira do Freixo s/n. 15288 - OUTES (A Coruña) - Galiza ou ó correo electrónico contacto@astillerosabeijonhermanos.com

Os datos persoais recollidos non serán en ningún caso cedidos a terceiros, nin feitos públicos, excepto nos supostos en que os propios usuarios sexan os que, con fins promocionais, os publiquen por procedementos en liña ou soliciten dita publicación de xeito expreso.

Abeijón Hermanos S.L. (B-15.327.844) mantén as súas instalacións, sistemas e ficheiros nas debidas condicións para garanti-la seguridade dos datos e evita-la súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A custodia e tratamento dos datos persoais facilitados polo usuario a terceiras persoas ou entidades proveedoras do sitio corresponde exclusivamente a aquelas e, en consecuencia, o exercicio dos correspondentes dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición deberá facerse fronte a aquelas persoas, únicas responsables do seu almacenamento e tratamento automatizado.

O Art. 12 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, obriga ós prestadores de servicios de aloxamentos de datos e ós proveedores de acceso a redes de telecomunicacións a reter datos de conexión e tráfico xerados durante a prestación do servicio por un período de UN ANO, que deberán ser facilitados a Xuices, Tribunais ou Ministerio Fiscal, no marco dunha investigación criminal, con obxecto de salvagarda-la defensa nacional, en caso de que éstes os requeriran. A obriga de retención de datos de conexión e tráfico realízase sen conculca-lo dereito ó segredo das comunicacións e, en vigor da citada lei, astillerosabeijonhermanos.com recollerá e almacenará os mencionados datos durante o período descrito.

Os datos recollidos do acceso dos usuarios a esta web por parte de astillerosabeijonhermanos.com son: Total de visitantes á páxina, día e hora de acceso de cada usuario, nome do sistema operativo e do navegador empregado para visualiza-lo sitio web, dirección IP asignada polo PSI e dominio do PSI, PSI ou estado de cada usuario visitante.

3. Clave Persoal de Acceso.

No suposto de que se tivera facilitado ós usuarios a posibilidade de crear claves persoais de acceso, compostas por un código de cliente (login) e un contrasinal (password) para poder visitar zonas de uso restrinxido, estes serán os únicos que poderán facer uso do mesmo e, en consecuencia, responsabilizaranse por tódalas operacións levadas a cabo con ditas claves.

A este fin, o usuario deberá escoller uns caracteres que non sexan fácilmente identificables e mantelos en segredo. Facilitar, usar, intentar descifrar as claves de acceso de outros ou desvelalas a outras persoas non autorizadas é considerado como unha grave violación das normas de utilización e seguridade. Se o usuario tivera razóns para crer que a súa clave é ou pode ser coñecida por algunha persoa non autorizada para elo, deberá poñelo inmediatamente en coñecemento de astillerosabeijonhermanos.com, a través do correo contacto@astillerosabeijonhermanos.com, para que lle sexa asignada unha nova.

4. Exactitude da Información.

As informacións contidas no sitio foron creadas exclusivamente con carácter divulgativo e non teñen valor oficial, salvo cando así se indique, nin constituen asesoramento legal como tales.

Abeijón Hermanos S.L. (B-15.327.844) non garante que a información contida no sitio sexa exacta, vixente ou completa. Esta proporciónase "tal e como está" (as if) e baixo ningunha circunstancia garante, de xeito implícito ou explícito, a obtención dun resultado determinado ou a súa adecuación a un obxectivo concreto, polo que astillerosabeijonhermanos.com non se fai responsable de calquera pérdida, xa sexa directa ou indirecta, causada como consecuencia dunha decisión tomada baseándose na información aquí facilitada.

As informacións e contidos existentes poden ser trocados ou retirados sen previo aviso. Igualmente, poderánse realizar melloras ou cambios nos productos, servizos, deseño ou programas utilizados para o seu funcionamento en calquera intre e sen previo aviso.

5. Propiedade Intelectual e Industrial.

O contido deste sitio (incluindo textos, imaxes, deseños, estructura, combinación de cores, logotipos, animacións, ficheiros de audio e video, etc.) esta protexido polas leis de propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida a súa reproducción -excepto para uso privado do usuario-, distribución, comunicación pública e transformación sen media-la autorización expresa de astillerosabeijonhermanos.com ou dos seus licenciantes e proveedores, mediante a súa solicitude á dirección contacto@astillerosabeijonhermanos.com.

6. Hipertextos e Enlaces con Outros Sitios ou Páxinas.

O sitio contén enlaces (links) a outras páxinas de terceiros, dos que astillerosabeijonhermanos.com, a pesares das revisións periódicas que leva a cabo, non pode controlar os contidos. A conexión dun usuario dende o sitio con estes outros lugares da Rede axenos á nosa empresa realizaranse, polo tanto, baixo a exclusiva responsabilidade do navegante.

En consecuencia, o sitio non pode garantir, en relación a estas outras páxinas, a súa calidade, exactitude ou adecuación. En xeito algún se pode considerar que ditas conexións sexan unha prolongación da nosa páxina, nin que compartamos os puntos de vista nelas expresados ou teñamos relación algunha cos productos ou servizos proporcionados ou vendidos polas mesmas.

Nembargantes, se observase nelas calquera información que puidese resultar contraria ás leis, á dignidade das persoas, ou de carácter racista, xenófobo ou apoloxética do terrorismo ou a violencia, pregamos que no lo comunique mediante correo electrónico á dirección contacto@astillerosabeijonhermanos.com, co fin de estudia-la conveniencia de eliminalas.

7. Exención de Responsabilidade.

O sitio non se fai responsable de calquera dano ou perda, sexa directa ou indirecta, casual ou consecuencial, causado polo acceso ó ou polo uso do mesmo, das informacións contidas nel, dos productos ou servizos nel ofertados por terceiros ou de calquera conexión realizada a outras páxinas ou lugares dende este.

O sitio non se fai responsable dos posibles erros que se puideran producir polo feito de utilizar versións de navegadores non actualizadas, ou das consecuencias que se puideran derivar do mal funcionamento ou incorrecta utilización do navegador, nin se responsabiliza ou garante, de xeito implícito ou explícito, que o acceso ó sitio sexa ininterrumpido ou que este libre de erro.

8. Validez.

Se por calquera disposición legal ou declaración xudicial algunha das normas contidas nestes apartados non se axustase a dereito, non influirá para que o resto dos termos e condicións non afectados se consideren válidos a tódolos efectos.

  Ligazóns Aviso Legal