Inicio Asteleiros Servizos Novas Localización Contacto
 
 

  

ASTELEIROS EN GALICIA. ASTELEIROS ABEIJON HERMANOS


Asteleiros Abeijón Hermanos S.L. é un estaleiro situado en O Freixo, en Galicia, especializado na reparación de barcos, mantemento e venda de motores, así como en construción de barcos de madeira para pesca e ocio. Os servizos de asteleiro levados a cabo por Asteleiros Abeijón Hermanos permitiranlle contar con traballos de calidade e coa experiencia acumulada polos nosos profesionais.
Asteleiros Abeijón Hermanos foi fundado no ano 1964, como empresa basicamente familiar, centrando a súa actividade na fabricación de pequenos botes e na reparación de bateas. Co tempo instaláronse vías e ampliouse a reparación de barcos de 12 a 20 metros, incorporando tamén ós servizos de asteleiro a reparación xeral, construción de barcos en madeira e poliester.

Hoxe en día, Asteleiros Abeijón Hermanos conta con 22 traballadores e ofrece servizos de asteleiro vencellados á construción (lanchas de madeira para recreo e pesca, bateeiros, galeóns, bucetas, pesca tradicional e artesanal...), reparación (reparación xeral de barcos de aceiro, madeira e poliester), mantemento (carenado completo, pintado, chorreado...), motores (venda de motores, reparación e instalación de motores propulsores e auxiliares), mecánica (instalacións hidráulicas, caldeiraría, instalación de motores...), etc.

Astilleros en Galicia. Astilleros Abeijon Hermanos

Asteleiros Abeijón Hermanos é, sen lugar a dúbidas, a solución máis completa ás súas necesidades de reparación e mantemento de barcos, e conta coa experiencia necesaria para garantirlle os mellores servizos de asteleiro.

  Ligazóns Aviso Legal